BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Organismo Convocante: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 

Bases:

http://goo.gl/bzvIMB

 

 

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

REQUISITOS:
– Acreditación a través da experiencia laboral: 3 anos traballados nos últimos 10 ou 2000 horas para unidades de competencia de nivel II e III, ou 2 anos traballados ou 1200 horas para as de nivel I.
– Acreditación a través da formación: 200 horas de formación para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as de nivel II e III.
ESPECIALIDADES:
– Xestión administrativa.
– Xardinaría e floraría.
– Construcción.
– Obras de interior, decoración e rehabilitación.
– Instalacións eléctricas e automáticas.
– Instalacións de telecomunicacións.
– Mecanizado.
– Soldadura e caldeiraría.
– Cociña e gastronomía.
– Servizos en restauración.
– Xestión de aloxamentos turísticos.
– Estética e beleza.
– Peiteado e cosmética capilar.
– Panadaría, repostaría e confeitaría.
– Sistemas microinformáticos e redes.
– Instalacións frigoríficas e de climatización.
– Instalacións de producción de calor.
– Carpintaría e moble.
– Instalación e amoblamento.
– Laboratorio de análise e de control de calidade.
– Emerxencias sanitarias.
– Farmacia e parafarmacia.
– Educación infantil.
– Carrozaría.
– Electromecánica de vehículos automóviles.
– Electromecánica de maquinaria.
Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

 

ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvenciones para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Organismo Convocante: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 

 

Bases:http://goo.gl/RmBXGH

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA, E DO PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO, COMO MEDIDA DE FOMENTO DO EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO.

 
a) As solicitudes de axudas á contratación deberanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todocaso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2016.
b) As solicitudes de axuda pola adaptación de postos de traballo deberanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2016.
c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data de publicación desta orde poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes é ata o 30/01/2016.
O prazo de presentación de solicitudes do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, regulado no capítulo III desta orde, é ata o 30/01/2016.

Bases no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-231215-0031_gl.html

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS.

 

Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen dende o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.
CONTÍA:
i. Primeira persoa traballadora indefinida:
a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.
ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:
a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 6.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
PRAZO:
– Para as contratacións realizadas dende o 01/10/2015 ata o 30/12/2015 o prazo de solicitude é ata o 29/02/2016.
– Para as contratacións realizadas a partir do 30/12/2015 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención.
O prazo xeral desta subvención remata o 30/09/2016.    

Bases no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-231215-0021_gl.html

Bases da convocatoria para a provisión con carácter laboral temporal por concurso-oposición de varias prazas de profesores de Música

Bases da convocatoria para a provisión con carácter laboral temporal por concurso-oposición de varias prazas de profesores de Música para o conservatorio profesional de música do Concello de Melide, modalidade de Contrato de duración determinda (obra o servizo)

Os Contratos terán unha duración dende o 20 de outubro de 2015 ata o 30 de xuño de 2016.
Diferentes especialidades son as que se solicitan:
1 Profesor de Canto.
1 Profesor de Viola e Piano
1 Profesor de Violonchelo
1 Profesor de frauta e composición
1 Profesor de Percusión
1 Profesor de clarinete e Maxisterio Musical
1 Profesor de Acordeón
1 Profesor de Piano
1 Profesor de Contrabaixo
1 Profesor de Trombón
1 Profesor de trompeta

Prazo: 5 días naturais (ata o 20 de outubro de 2015)

No seguinte enlace tedes acceso as bases da convocatoria:

Bases profesores Música

PRÁCTICAS GALEUROPA (ITALIA E PORTUGAL)

O MERCORES 09/09/2015 AS 17:00 NO EDIFICIO MULTIUSOS DE MELIDE (SALA DE CONFERENCIAS) CHARLA INFORMATIVA SOBRE:

PRÁCTICAS GALEUROPA . 100% SUBVENCIONADAS , PARA MOZOS INSCRITOS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL.

Dende a ASOCIACIÓN XUVENIL MUXEMA ofrecenche a oportunidade de realizar prácticas formativas en empresas do extranxeiro que reforzarán as túas competencias profesionais e aumentarán as túas oportunidades de emprego no futuro.

Gustaríache traballar 2 meses no estranxeiro?
Queres aprender ou perfeccionar un idioma?

Para participar soamente tes que estar inscrito no SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL no ámbito da CCAA de Galicia.

Requisitos:

-Ter máis de 16 e menos de 25 anos.
-Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores a presentación da solicitude no SNGX.
-Non ter recibido accións educativas que leven máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude no SNGX
-Non ter recibido accións formativas que leven máis de 40 horas mensuais nos 30 días anteriores a data de presentación da solicitude no SNGX.